O Ribeiro en boas mans

 

Son Antón, Colleiteiro e viticultor de cuarta xeneración.

Traballo as viñas que antes foron de meus pais e antes dos meus avós e elaboro os viños na adega que antes foi de meus pais e antes dos meus avós. E conservo os mesmos métodos de traballo que antes empregaron eles.

Por eso

en cada botella de viño do proxecto By ALECRIN atoparás un pouco da miña historia familiar, un pouco da paisaxe do Ribeiro … e un moito de  vocación, de traballo, de sacrificios, de desvelos … pero tamén un moito de ilusión, de esperanza, de alegrías e tamén  de diálogos coa tradición.

Os meus viños  falan por min.

Por eso

A miña maior ilusión é que as miñas creacións, os meus viños, formen parte da vosa vida, da vosa maxia, dos vosos amores, dos vosos eventos familiares, das vosas conversas, das vosas quedadas…. porque desa maneira, compartindo ALECRÍN, compartindo O  ROUSO,  compartindo IALMA …. vós tamén formades parte do meu proxecto.

Por eso

agora que estou presentando esta nova criatura do proxecto By Alecrín a miña maior ilusión é que IALMA acabe en boas mans, nas mellores mans, nas vosas mans.

Porque O Ribeiro debe estar en boas mans

 

Descarga aquí toda la información

Anuncios